Publicador de contidos

Contido coa etiqueta josé luis ábalos .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta josé luis ábalos .

José Luis Ábalos


De Aldama di ter "medo" pola súa seguridade e avisa de que se lle pasa algo, apuntará "a quen ten que apuntar"

27/11/2024 09:53

 "Chámame delincuente un señor que ten a súa muller imputada, o seu irmán imputado e non dimite", di o conseguidor da trama Koldo sobre o presidente do Goberno

O PSOE urxe a Aldama a presentar "de inmediato" as probas das súas acusacións


Foto de arquivo de Víctor de Aldama nunha comparecencia (Isaac Buj/Europa Press)

Aldama dille ao xuíz que Cerdán recibiu 15.000 euros nun sobre, que deu 250.000 a Ábalos e 100.000 a Koldo

21/11/2024 11:14


O Supremo abre causa contra Ábalos polo seu "papel principal" no caso Koldo

07/11/2024 11:39

O xuíz que instrúe a causa na Audiencia Nacional e que a elevou ao Supremo apuntaba a "indicios fundados e serios" da participación de Ábalos en varios delitos


Víctor de Aldama durante a súa comparecencia en maio de 2024 na comisión de investigación do Parlamento Balear (Arquivo / Isaac Buj / Europa Press)

Ábalos avisou a Delcy Rodríguez a través de Aldama que o CNI vixiaba a Leopoldo López en España

29/10/2024 09:24

Os investigadores atoparon mensaxes entre a vicepresidenta venezolana e o presunto conseguidor da trama Koldo relacionadas coa chegada do opositor venezolano a España


Pedro Sánchez o pasado venres en Moncloa. EFE/J.J.Guillen

Sánchez nega calquera trato con Aldama tras publicarse una foto co empresario

27/10/2024 08:37

Núñez Feijóo di que o presidente "ocultou a verdade" e pide que dimita

Óscar Puente defende que a imaxe só proba que coincidiron nun evento


O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, na súa comparecencia no Senado, na comisión que investiga o caso Koldo (Alberto Ortega / Europa Press)

Marlaska di que nunca sospeitou que Ábalos puidese estar nun "negocio turbio"

24/10/2024 11:33

O ministro de Interior asegurou no Senado que ninguén do seu departamento tivo "vinculación" coa trama do caso Koldo

O Goberno pecha filas co presidente ante a esixencia do PP para que dimita


Feijóo pide a dimisión de Sánchez: "Non hai cortalumes posible" contra a corrupción

23/10/2024 18:41

O líder popular cre que o que está a acontecer é algo "sen precedentes na democracia española"


Sánchez reafirma que non cesou a Ábalos porque coñecese algunha actividade ilícita

23/10/2024 17:26

Insistiu en que o cesamento de Ábalos foi para dar un "impulso" ao Executivo tras a pandemia, despois de que a UCO mencionara no seu informe unha discusión entre ambos tras a visita errada da vicepresidenta venezolana, Delcy Rodríguez




A Fiscalía pide que o Supremo investigue a Ábalos polo caso Koldo

16/10/2024 14:08

Cconsidera que José Luis Ábalos puido incorrer en delitos de suborno, tráfico de influencias e organización criminal no marco dunha trama de posibles irregularidades na adxudicación pública de contratos de máscaras en plena pandemia


José Luís Ábalos, deputado e exministro de Transporte e Mobilidade

O xuíz do caso Koldo consulta á Fiscalía se debe chamar a declarar a Ábalos como testemuña

15/10/2024 20:25

O Congreso certifica a condición de aforado do exministro


O voceiro do PP, Borja Sémper tras presentar na Audiencia Naciona a querela contra o PSOE (EFE/Javier Lizón)

O PP rexistra a querela contra o PSOE na Audiencia Nacional: "Hai visos que apuntan a un financiamento irregular"

14/10/2024 11:28

Sémper xustifica este paso tras a información xornalística de que un empresario entregou "bolsas de diñeiro en metálico en Ferraz"

Sánchez: "Cando non se ten nada que ofrecer, o ruído é o único que queda"

O Goberno responde á querela do PP que o caso Koldo "xa está xudicializado"


Sánchez di que non haberá impunidade no caso Koldo: "Quen a fai, págaa"

11/10/2024 11:33

O presidente do Goberno recoñeceu que o exministro Ábalos o informou da visita de Delcy Rodríguez, pero que foi cancelada ao constatar que pesaban sobre ela "sancións individuais"

Ábalos pide declarar voluntariamente como testemuña ante o xuíz do 'caso Koldo'

O exministro Jose Luís Ábalos, máis preto da imputación



(EFE/Sergio Pérez)

Ábalos, á beira da imputación logo de pedir o xuíz do caso Koldo a súa certificación de deputado

10/10/2024 12:48

O informe da UCO apunta que Ábalos informou a Pedro Sánchez de que ía reunirse con Delcy Rodríguez e recibiu a aprobación do presidente do Goberno

Ábalos di non estar sorprendido, nega formar parte de ningunha trama e considera que agora será máis doado defenderse

O empresario De Aldama, tamén investigado, asegurou que Ábalos falara con Pedro Sánchez para o rescate de Air Europa: "Xa o chamou o 1", díxolle, en referencia ao presidente do Goberno

O xuiz manda a prisión a Aldama, conseguidor da trama Koldo, por fraude a Facenda


O exsubsecretario de Transportes Jesús Manuel Gómez, á súa chegada á Audiencia Nacional onde declara como investigado na causa aberta sobre as adxudicacións de contratos de máscaras a unha empresa do denominado caso Koldo ( EFE / J..J. Guillén)

Un exalto cargo de Transportes di que foi Koldo García quen lle pasou a oferta da empresa vinculada coa trama

23/09/2024 12:27

 Jesús Manuel Gómez García subliñou que non recibiu indicación especial para contratar con esa empresa en concreto

O exsubsecretario de Transportes afirma que foi o propio exministro Ábalos quen lle encargou que adquirira mácsaras de protección durante a pandemia


Arquivo / Jesús Hellín / Europa Press

Ábalos pide a súa readmisión como afiliado do PSOE

18/09/2024 10:44

Pídelle á dirección do PSOE que declare a caducidade do expediente de suspensión de militancia ditado en febreiro pola súa presunta implicación no caso Koldo


Ábalos anunciando a súa denuncia ante a Fiscalía o 24 de xullo (Matias Chiofalo / Europa Press)

A Fiscalía denuncia a revelación de segredos sufrida por Ábalos no caso Koldo

29/08/2024 19:10

O Xulgado de Instrución número 33 de Madrid debe decidir se abre dilixencias e inicia unha investigación


Ábalos abre a porta a deixar de apoiar o PSOE no Congreso, molesto pola auditoría do caso Koldo

28/08/2024 11:56

Ábalos avisa de que, a partir de agora, o Goberno "non poderá dar por seguro" o seu apoio, xa que irá decidindo cada tema "en conciencia". "Iremos vendo cada caso", sentenciou

Publicidade
Publicidade